Xa temos aqui a nova edición do Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro e máis ambicioso que nunca. Algunha pista? Aberto a todo o territorio nacional, seguimos subindo a dotación en metálico: 600 euros para a categoría B de 18 a 30 anos e vale-regalo de 180 euros para a categoría A de 12 a 17 anos e a posibilidade da publicación na revista Búsola para ambas categorías. Tedes de prazo ata o 30 de xuño de 2007 para empezar a crear cómics. Cada vez recoñecendo máis a calidade e talento da nosa banda deseñada, por eso queremos seguir potenciando este certame. É imprescindible que leades as bases que están na web www.valadouro.org no apartado Documentación Municipal e non esquezades mandar o Anexo I co voso traballo. Moita sorte a todos.