novos autores, novas creacións
Revista BÚSOLA - páxina principal
outras novas
Cando o Teatro coñece a Radio
O Concello do Valadouro posuía unha frecuencia, 10...
 
Nova web do Concello
O Concello do Valadouro estrea páxina web con toda...
 
I Certame de Novela Curta
Finalmente a incerteza rematou e o xurado fallou o...
 
II Certame Banda Deseñada OMIX Valadouro
Foi fallado o II Certame de Banda Deseñada OMIX Va...
 
Cunqueiro´s Garden

Cando o pai de Alejandro me presentou a Vicente Verdú dicindo “es del pueblo de Cunqueiro”, non puiden deixar de sentirme parte dunha elite cultural (inexistente) marcada simplemente pola orixe xeográfica e natalicio. E constatei, claramente, que Cunqueiro non é Mondoñedo. É o meu pasaporte cultural, unha carta de recomendación ou de credenciais entregada por un duque veneciano no barrio dos Muíños. Unha portada do Vogue America co fondo do bosque Silva, é unha canción inexistente de Echo and the Bunymen con letra de un bisavó muiñeiro. Cunqueiro é Joyce, García Márquez, e o Príncipe Valiente de Harold Foster. Cunqueiro é unha foto con Támesis ó fondo, e Manolo Montero paseando polo Cantón. É un viquingo chegando a Foz e un vello sen illa. É un libro de Julio Verne ós doce anos, é subir á Frouxeira, é recoñecer Marco de Alvare, é o San Cosme da Montaña, é unha historia de meus avós e un poema en finés. Cunqueiro é o seu irmán Pepe, as súas cellas poboadas, un can enorme, a miña raqueta no tellado, e unha granxa de cochos. Cunqueiro é o día do seu enterro, que recordo, e non sei moi ben porque, chuvioso e neboento. Cunqueiro é Puchi e unha rúa neoiorquina. Cunqueiro é a Cova do Rei Cintolo, e incluso o propio Rei Cintolo. É o elefante do lago de Castle Douglas e os amores e fornicios desexados, cumpridos e estragados. É unha receita e unha poesía escrita a máquina. É un insulso Amancio Prada e unha descarga de Chemical Brothers. Cunqueiro está nunha rúa da illa de San Luís, nunha libraría co Ano do Cometa traducido ó francés. Cunqueiro está no Grassmarket de Edimburgo, especie de mercado da herba da Fontevella. Cunqueiro está na illa de Skye, no meu illamento perfecto. Está no salón de actos dun colexio maior madrileño, está nun paseo inexistente con Xulieta. Está nunha Guinness e nunha cunca. Está nun regalo a Elías Rafael e nunha historia que nunca acabei de contar. Martin Nick

28-03-2007
 
 
 
content=