O Xurado presidido polo Concelleiro de Cultura José Lamela e integrado por David Rubín, Kike Benlloch e Kiko da Silva dedicidiron outorgar o 1º premio do IV Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro a Santiago García Rodríguez pola obra titulada “Laguna”, na que os xurados observan o dominio do trazo do debuxo, o entintado, a orixinalidade na composición e a destacada impresión polo potencial observado neste autor que se quere incentivar e premiar para que siga desenvolvemendo unha carreira de mérito no mundo da banda deseñada.
Este 1º premio consiste nunha dotación de 600 € e a publicación na revista Búsola.
O Xurado decidiu facer mención de honra a Hugo Covelo pola obra “Honor de Samurai”, Tomás Gimeno por “Clara y Nico” e Alberto Cimadevila/Iván Olmedo por “Después del petróleo”
Pequena nota sobre a bio de Santiago García:
Matriculeime hai dous anos na Escola de Arte e Superior de Diseño Pablo Picasso da Coruña onde acadei o título de ilustrador. Durante a miña estadía na Coruña comencei a participar en concursos de cómic e ilustración, acadando varios premios (Arzúa, Astillero e en duas ocasións en Las Rozas). Realicei tamén traballos de storyboard, murais, ilustracións para libros e actualmente colaboro ilustrando unha novela episódica na revista "The Lunes" |