novos autores, novas creacións
Revista BÚSOLA - páxina principal
outras novas
Eva Moreda presentou
Eva Moreda (autora no número inaugural de Búsola) ...
 
Búsola en Flash
Co obxecto de probar modos de navegación máis axil...
 
O venres 11 de xullo inauguramos Búsola
Unha nova Búsola será presentada nesta web e no Sa...
 
Convocatoria para participación no Fanzine Zapatiños Motor
Unha das nosas poetas favoritas, Ana Cibeira, enví...
 
O II Certame de Novela Curta do Concello do Valadouro recaeu en Adolfo Caamaño
O xurado presidido por Eulogio Fernández Sampayo r...
 
Jerónimo Piñeiro de Castro gaña o III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa se fallou a 3ª edición deste certame de banda d...
 
Poética de Nebulosas. Carmen Llonín
Unha fermosa fotografía que Carmen LLonín captou ...
 
III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa temos aqui a nova edición do Certame de Banda D...
 
Cunqueiro´s Garden
Cando o pai de Alejandro me presentou a Vicente Ve...
 
Cando o Teatro coñece a Radio
O Concello do Valadouro posuía unha frecuencia, 10...
 
Nova web do Concello
O Concello do Valadouro estrea páxina web con toda...
 
I Certame de Novela Curta
Finalmente a incerteza rematou e o xurado fallou o...
 
II Certame Banda Deseñada OMIX Valadouro
Foi fallado o II Certame de Banda Deseñada OMIX Va...
 
Manuel Lourenzo gaña o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2009 coa obra

Manuel Lourenzo, coa obra Flores de Dunsinane, é o gañador da edición 2009 do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, galardón que recibiu esta mañá de mans do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, no acto de apertura da XVII Feira Galega das Artes Escénicas. Coincidindo coa inauguración do evento, déronse a coñecer así mesmo os nomes dos autores recoñecidos este ano co resto dos premios literarios que convoca a AGADIC: Xosé A. Neira Cruz alzouse co Manuel María de Literatura Dramática Infantil polo texto Sopa de xarope de amora, mentres que o Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques recaeu en Ignacio Vilariño por Auga que non vas beber..., na modalidade para adultos, e en Begoña García por Bon appétit, na categoría de teatro para rapaces. Roberto Varela presidiu este acto de entrega de premios, no que a presidenta do xurado, Blanca Ana Roig, desvelou o nome dos catro autores galardoados, que percibirán unha dotación económica de 6.000 € cada un. Ademais, segundo establecen as bases, os textos poderán ser publicados pola AGADIC nalgunha das coleccións dramáticas que mantén abertas en colaboración con diferentes editoriais galegas. Recoñecemento a un dos grandes do teatro galego Coa concesión do XVIII Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais á obra Flores de Dunsinane, distínguese a un dos grandes nomes da nosa escena, Manuel Lourenzo, quen suma así o galardón de máis longa traxectoria no ámbito teatral galego á súa ampla nómina de recoñecementos públicos como dramaturgo, director e actor. O xurado destacou do texto gañador o seu ritmo, así como "o emprego dunha linguaxe rica, poética e expresiva dramaticamente". En Flores de Dunsinane, Lourenzo reinterpreta o Macbeth de Shakespeare, centrando o argumento en Fleance, fillo de Banquo. O compañeiro de armas de Macbeth, a quen este mandara asasinar, emprega a súa astucia para chegar a rei de Escocia e agora, vello e moribundo, recibe a visita dos seus antecesores, os Macbeth, cos que revive o reinado sanguento destes. fonte: http://www.agadic.info/ foto da entrega Tono Arias

20-10-2009
 
 
 
content=