Jerónimo Piñeiro de Castro gaña o III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa se fallou a 3ª edición deste certame de banda deseñada destacado pola calidade e orixinalidade das obras presentados e acreditando novamente a boa saúde e nivel da banda deseñada galega. Pero soamente un poderia ser o gañador deste premio dotado con 600 € e a posible publicación na revista Búsola. Jerónimo Piñeiro de Castro, un rapaz de 23 anos de Pontedeume foi o ilustre premiado polo xurado en un complicado fallo pola calidade das mellores historias. Jerónimo presentou dous títulos, sendo "Os nomes esquecidos" unha historia de relacións xeracionais e da máxica mitoloxia, a que se levou o máximo galardón do xurado. Tamén se decidiu facer unha mención de honra para Antonio Seijas Cruz e a súa historia "Globos" As mellores historias desta edición publicaranse nesta web próximamente.
Lamentablemente na categoria A, menores de 18 anos, o nivel presentado non convenceu ós xuíces que decidiron deixar deserta esta categoría.