novos autores, novas creacións
Revista BÚSOLA - páxina principal
outras novas
III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa temos aqui a nova edición do Certame de Banda D...
 
Cunqueiro´s Garden
Cando o pai de Alejandro me presentou a Vicente Ve...
 
Cando o Teatro coñece a Radio
O Concello do Valadouro posuía unha frecuencia, 10...
 
Nova web do Concello
O Concello do Valadouro estrea páxina web con toda...
 
I Certame de Novela Curta
Finalmente a incerteza rematou e o xurado fallou o...
 
II Certame Banda Deseñada OMIX Valadouro
Foi fallado o II Certame de Banda Deseñada OMIX Va...
 
Poética de Nebulosas. Carmen Llonín

Unha fermosa fotografía que Carmen LLonín captou nunha bretemosa e poética mañá do Valadouro, sirve de portada ó catálogo co que que esta polifacética autora presenta a súa exposición Poética de Nebulosas que estará exposta no Centro Cultural do Concello de Cervo dende o 5 de maio ata o 6 de xuño de 2007.

Segundo Carlos Lafuente, historiador e crítico de arte que fai a presentación do catálogo, a autora presenta unha sorte de percepcións que como antano formulan un límite entre o que é e o que se sinte. A viaxeira mirada no tempo que arela chegar de novo a converterse nunha realidade de hoxe como catarse da contemporaneidade. A súa obra adquire unha dimensión nova, cun carácter propositivo vinculado á natureza e en cuxo xerme pódese repensar o observado e o aprehendido.(...)

Gran parte das obras presentadas nesta exposición son unha proba do saber dunha artista que dialoga de xeito intimista cos axentes da natureza. Vento, lume, madeira e terra vólvense a conxugar nun totum de expresividades primixenias que tornan na obra de Llonín nun diálogo, reforzo na crenza dunha volta a comprender a natureza na súa extensión máis vital e cambiante.

Ó análise especializado e técnico de Lafuente engadimos nós, que eses elementos órganicos e naturais foron rescatados do seu esquecemento humano da Terra do Valadouro, xeografía da que Carmen LLonín, pensamos, está fondamente namorada como se desprende da súa obra, homenaxe a unha natureza que non sabemos se Carmen imita ou viceversa.

23-05-2007
 
 
 
content=