novos autores, novas creacións
Revista BÚSOLA - páxina principal
Búsola nº3
En 2004 tivemos un soño... unha idea aberta á creación e ao coñecemento, á cultura e á ciencia... novas tendencias, novas formas de expresión e vangardas. Un soño de papel que se dobraba en catro puntos cardinais coa forma da rosa dos ventos, era unha búsola que debia intuir outros nortes nun século fascinante onde a comunicación e o intercambio de ideas flúe en constante movemento. A idea foi da imaxinación ao prelo e con este son catro números ...
descarga Búsola en PDF Edición Actual
título
O venres 11 de xullo inauguramos Búsola
Unha nova Búsola será presentada nesta web e no Sa...
 
Convocatoria para participación no Fanzine Zapatiños Motor
Unha das nosas poetas favoritas, Ana Cibeira, enví...

 
O II Certame de Novela Curta do Concello do Valadouro recaeu en Adolfo Caamaño
O xurado presidido por Eulogio Fernández Sampayo r...

 
Jerónimo Piñeiro de Castro gaña o III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa se fallou a 3ª edición deste certame de banda d...

 
Poética de Nebulosas. Carmen Llonín
Unha fermosa fotografía que Carmen LLonín captou ...

 
III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa temos aqui a nova edición do Certame de Banda D...

 
Cunqueiro´s Garden
Cando o pai de Alejandro me presentou a Vicente Ve...

 
Cando o Teatro coñece a Radio
O Concello do Valadouro posuía unha frecuencia, 10...

 
Nova web do Concello
O Concello do Valadouro estrea páxina web con toda...

 
I Certame de Novela Curta
Finalmente a incerteza rematou e o xurado fallou o...

 
II Certame Banda Deseñada OMIX Valadouro
Foi fallado o II Certame de Banda Deseñada OMIX Va...

 
Dandy Fever
www.dandyfever.cjb.net
 
Contacto: info@busola.net
Fotografía. Olga Osorio http://olgaosorio.wordpress.com/
Profesora de Narrativa Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de A Coruña e de Procesos e Medios de Comunicación no IES Imaxe e Son de A Coruña, Olga Osorio naceu en Lugo no ano 1972. Licenciada en Periodismo pola Universidad Complutense de Madrid, traballou de 1994 a 2000 en diversos medios de comunicación galegos antes de adicarse á docencia. No 2006 gañou o I Concurso de Proxectos de Creación Fotográfica sobre o Mar de Galicia coa serie Reflexións, que estivo exposta no centro cultural CaixaNova de Vigo e na sala Salvador de Madariaga de A Coruña e se publicou e forma de libro na colección Do Trinque. Tamén obtivo o primeiro premio no Certame de Fotografía Cidade de Lugo “Lugo no Nadal” 2002
Narrativa. Clara Martín
Escritora en lingua galega e castelá, foi galardoada con distintos premios literarios. No certame III Romaría Etnográfica Raigame (Celanova, Ourense) obtivo o primeiro premio co relato “Ficarei en Lisboa”; acadou o segundo premio dos concursos Airiños do Xunco (Lugo) e XIV Certame Literario de Piñor (Ourense) coas obras Á sombra da estatua e Os bicos de Xudas, respectivamente; e foi finalista en certames internacionais e nacionais, como no Certamen de Relato Corto Abaco, con “Pienso palabras”, ou no VI Certamen Carmen Martín Gaite, con Las manos del alma. Colaborou no libro Sempre mar, do colectivo Burla Negra da Plataforma Nunca Máis e ten, así mesmo, distintas publicacións en páxinas web e mencións honoríficas en diversos certames literarios. Actualmente, exerce como dramaturga nas obras representadas pola compañía teatral Sete Lobos (Ourense).
Social. Olga Castro
Naceu en Lugo en 1980 aínda que se sente mariñá, pois dende os catro anos vive enCervo. Licenciouse enCiencias da Comunicaciónpola Universidade de Santiago de Compostela(2002) e en Tradución e Interpretación polaUniversidade de Vigo (2004),onde prepara a súa tesede doutoramento sobre feminismos,tradución e cambio social dentro do Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias. Combina ainvestigación coa docencia,con tarefas de tradución, co labor de xornalista e co traballo como voluntaria na oenegué Implicadas no desenvolvemento.
Escultura. Aurora Santos
Aurora Santos é arquitecta técnica, aínda que a súa inquietude polas artes plásticas levouna a participar en distintos seminarios e talleres de gravado e pintura. Realizou numerosas exposicións a título individual e participou en mostras colectivas, como a exposición itinerante do cuarto concurso de carteis deportivos da Deputación da Coruña, a VII Mostra Unión Fenosa-Macuf ou as instalacións de "Camiño, sentido da vida. As pedras do camiño" sobre distintos tramos do Camiño de Santiago, entre outras. A súa obra pode contemplarse en institucións como a Xunta de Galicia ou o Museo deArte Construtivista de Málaga
Divulgación. Manuel Gago www.manuelgago.org/blog
Manuel Gago (Palmeira,Ribeira, 1976) é xornalista, director de culturagalega.org, o portal de divulgación do Consello da Cultura Galega e profesor na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O seu blog persoal é Capítulo 0
Ilustración. Noemí López
As lendas e os contos sempre formaron parte da miña vida, a través dos meus avós. Gozo dando forma e cor a personaxes e historias, é a mellor maneira que atopo para expresarme. Gústame inventar historias en imaxes e, debido á miña paixón polo cine e pola música, o movemento e os xogos de planos están moi presentes nas miñas ilustracións. No campo do deseño gráfico traballo fundamentalmente o cartelismo. Paralelamente comecei a facer ilustracións para outros soportes como xornais e revistas e, pouco despois, en publicacións de literatura infantil e xuvenil, todo isto compaxinado con outro tipo de encargos como animación, libros de texto e proxectos multimedia.
Ciencia. Beatriz Hervella
Nacín en Ourense en 1976. Licencieime en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), especializándome en Física de Partículas. No meu último ano encantoume unha asignatura que non era da miña especialidade e que, creo, condicionou a miña existencia: Física de Fluídos. Orientei o meu futuro nesa liña cunha tese de licenciatura realizada xa cun modelo meteorolóxico (“Ondas Topográficas e distribución do campo superficial de vento xerado por unha montaña e unha cavidade”). O departamento da universidade no que estudaba deu orixe a MeteoGalicia, onde traballo dende o seu nacemento, no ano 2000. A partir de xullo de 2001 compaxino esta actividade coa realización e presentación de información meteorolóxica na TVG. Encántame o que fago! Un pouco á marxe da miña tarefa profesional emocióname a miña colaboración no disco Lume dos meus amigos, o grupo de Lamatumba.
 
Deseño: patriciasaco.com - Programación: ilargi.net