novos autores, novas creacións
Revista BÚSOLA - páxina principal
Búsola nº4
Este é o número 5 correspondente ao ano 2009 que a Casa da Cultura do Concello do Valadouro vos presenta con moita ilusión e orgullo. Seguimos facendo unha clara aposta pola cultura galega cunha vocación universal, aberta a tódolos formatos de expresión e priorizado hacia os novos valores. Seguimos elevando a tiraxe física,en parte gazas ao patrocinio da Deputación de Lugo na súa Área de Cultura
descarga Búsola en PDF Edición Actual
título
Manuel Lourenzo, Premio e Presentación
O fillo predilecto do Concello do Valadouro sigue ...
 
Nuria Díaz 1º premio no Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración
Nuria Díaz, unha das grandes protagonistas do últi...

 
Manuel Lourenzo gaña o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2009 coa obra
Manuel Lourenzo, coa obra Flores de Dunsinane, é o...

 
Eva Moreda presentou
Eva Moreda (autora no número inaugural de Búsola) ...

 
Búsola en Flash
Co obxecto de probar modos de navegación máis axil...

 
O venres 11 de xullo inauguramos Búsola
Unha nova Búsola será presentada nesta web e no Sa...

 
Convocatoria para participación no Fanzine Zapatiños Motor
Unha das nosas poetas favoritas, Ana Cibeira, enví...

 
O II Certame de Novela Curta do Concello do Valadouro recaeu en Adolfo Caamaño
O xurado presidido por Eulogio Fernández Sampayo r...

 
Jerónimo Piñeiro de Castro gaña o III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa se fallou a 3ª edición deste certame de banda d...

 
Poética de Nebulosas. Carmen Llonín
Unha fermosa fotografía que Carmen LLonín captou ...

 
III Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro
Xa temos aqui a nova edición do Certame de Banda D...

 
Cunqueiro´s Garden
Cando o pai de Alejandro me presentou a Vicente Ve...

 
Cando o Teatro coñece a Radio
O Concello do Valadouro posuía unha frecuencia, 10...

 
Nova web do Concello
O Concello do Valadouro estrea páxina web con toda...

 
I Certame de Novela Curta
Finalmente a incerteza rematou e o xurado fallou o...

 
II Certame Banda Deseñada OMIX Valadouro
Foi fallado o II Certame de Banda Deseñada OMIX Va...

 
ONG Implicadas no Desenvolvemento
www.implicadas.org
 
Contacto: info@busola.net
Plástica. Hector Francesch www.hectorfrancesch.com
Nace na Coruña no ano 1977. Empeza a manchar papeis alá polo ano 1998, ó mesmo tempo comeza estudos de Socioloxía na Universidade da Coruña e máis tarde de Publicidade. No ano 2002 abandona a escola de publicidade para adicarse integramente á pintura. De formación autodidacta, realiza exposicións individuais e colectivas que o levan por distintas cidades e países, A Coruña, Vigo, Madrid,Barcelona, Alemaña, Australia, Portugal e USA. No ano 2006 establécese unha temporada en Barcelona traballando como artista invitado nun estudio do Centro de Arte Contemporáneo Piramidón; desde ese momento a súa relación coa cidade catalana é cada vez máis intensa. En novembro de 2009 realiza a súa segunda exposición individual en BCN da man da Galería Hartmann. Paralelamente á Pintura, traballa coa Serigrafía e o Deseño Gráfico. Actualmente traballa no seu estudio da Coruña.
Ilustración. Nuria Díaz Berride www.krabismos.blogspot.com
Nuria Díaz naceu en Vilagarcía de Arousa en 1982. Desde ben pequena, sempre recorda ter un lapis na man, razón pola cal decidiu encamiñar o seu futuro profesional cara ao mundo da arte. Despois de licenciarse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, comeza a súa formación no campo do deseño gráfico realizando varios cursos e un máster de Arte e Comunicación en Santiago de Compostela, cidade onde vive e traballa. Actualmente adícase á ilustración editorial e publicitaria, compaxinándoa co deseño gráfico e maquetación editorial. Algúns dos seus traballos son publicados no seu blog persoal www.krabismos.blogspot.com
Narrativa. Bea Lorenzo www.xabronlagarto.blogspot.com/
Naceu en Ourense en 1982 aínda que reside dende hai algúns anos en Madrid. Licenciouse en Dereito (2005) e en Xornalismo (2007), ten traballado na banca e colabora con prensa económica. Ten acadado diversos galardóns literarios,como o I Premio A Peneira de Novela Curta, o Francisco Fernádez del Riego, Ánxel Fole e accésit no Francisco Añón de poesía, así como en varias edicións do Certame de Contos Cidade de Ourense. Tamén participou na obra colectiva “Primer Informe sobre la Transparencia en el Sector Audiovisual Español”, como proxecto dentro dos cursos de doutoramento
Banda Deseñada. Jerónimo Piñeiro
Despois de obter unha mención no certame de novos creadores GZCrea da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade na modalidade de banda deseñada, acada o segundo premio na edición do 2007 e un terceiro premio na do ano 2008. No 2007 obtivo o máximo galardón no III Certame de BD da OMIX Valadouro. Participou como debuxante en sendas historias curtas nos tomos 1, 2 e 3 da colección “Historias de Galiza” (Ed. Difusora de Letras, Artes e Ideas), con guión de Carlos Rafael. Na actualidade colabora esporadicamente na revista de humor Retranca e estuda un master en Animación 3-D e Cine Dixital en Madrid.
Narrativa. Estíbaliz Espinosa www.estibalizes.wordpress.com/
Naceu humana. Dedícase principalmente á escrita. Así mesmo, é cantante de jazz/lírico, profesora nun centro de publicidade e, ocasionalmente, actriz de teatro. Ten publicado os libros de poemas Pan [libro de ler e desler], - orama, número e, e recentemente Zoommm. Textos biónicos [Xerais], que tamén presenta unha versión descargable na rede. Interésanlle o perspectivismo e a mutación de internet e leva varios blogs dende o 2005, entre eles ...mmmm...[www.estibalizes.wordpress.com]. Obtivo algúns premios, poéticos e narrativos. É aficionada á ciencia-ficción, a cosmoloxía, a filosofía... B+ para un xaponés. Tigre para un chinés
entrevista. Débora Campos www.fiosinvisibles.blogspot.com/
Xornalista e profesora na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Buenos Aires (UBA). Naceu no hospital do Centro Galego de Bos Aires no ano 1973. Formouse na UBA e na escola de xornalistas TEA, e empezou a traballar nos xornais arxentinos Clarín, Página/12, El Día e nas revistas Noticias, Veintitrés e Mercado, entre outras. Pertence ao Foro de Periodismo Argentino (FOPEA) e é editora de información política do xornal El Argentino, así como integrante do Centro de Investigacións Ramón Suárez Picallo. Xunto coa licenciada en Letras Andrea Cobas Carral, coordina o ciclo Lectores Galegos en Buenos Aires (Café Tortoni, da Avenida de Mayo). En Galicia foi columnista de Diario Cultural da Radio Galega e agora o é do xornal A Nosa Terra. Colabora en diversos medios de comunicación, é autora do blog Fíos Invisibles.
Divulgación. María Loureiro www.tecnoloxia.org/principal/
Profesora de Tecnoloxía en Educación Secundaria. IES Primeiro de Marzo. Baiona.
Reportaxe. Diana Mandiá
Diana foi afeccionada á lectura dende moi noviña e esa inxente absorción literaria levouna á creación e o recoñecemento coleccionando toda clase de distincións literarias. Podemos destacar o 1º Premio do X Certame de Relatos Curtos Trapero Pardo en 2004, 2005 e 2006, unha mención especial no XV Certame de Contos Vila de Pontedeume, o 4º premio da campaña “EntreNós, En Galego”, o 1º premio no VI Certame Literario Concello de Ourol, etc. A vocación escritora de Diana Mandiá canalizouse nuns estudos de Xornalismo que rematará este curso na USC; e albíscase unha gran profesional, como xa se reflicte nos artigos que publicou no prestixioso xornal El País, onde estivo a facer prácticas no ano 2009
 
Deseño: patriciasaco.com - Programación: ilargi.net